21mar08:13OLA PRIMAVERACONCERTOS | De balde 08:13(GMT+01:00) Alameda de Bouzas
Detalles do eventos
“Ola, primavera” celébrase para recibir á primavera, do mesmo xeito que se despide o verán en setembro (o “abur verán”, lembrades?). Os primeiros acordes do
Detalles do eventos
“Ola, primavera” celébrase para recibir á primavera, do mesmo xeito que se despide o verán en setembro (o “abur verán”, lembrades?).
Os primeiros acordes do concerto soarán ás 8:13 h, coincidindo co momento en que asoma en Bouzas a primeira raiola da primavera.
O lugar escollido é ao carón do mar, cara ao leste, nos peiraos do Paseo dos Peixes. En caso de mal tempo, o concerto trasladarase cen metros máis aló, debaixo da ponte.
O concerto será totalmente acústico, sen amplificación nin micrófonos. O grupo Nepa Kartojama realizará a súa primeira actuación nun formato con voces, guitarras acústicas, violonchelo e percusión, aínda que habitualmente emprega amplificadores e instrumentos eléctricos.
Así, o sábado 21 moi cedo, os asistentes terán unha cita con música e amizade, na alborada oceánica que abre a primavera en Bouzas, capital do mar.
Hora
21 marzo, 2026 08:13(GMT+01:00)
Localización
Alameda de Bouzas
Plaza Independencia Praza da Independencia 36211 Vigo Pontevedra


