decembro, 2019

18dec(dec 18)11:0005xan(xan 5)12:43OFEITOAMANFESTIVAIS E FEIRAS | De balde(decembro 18) 11:00 - (xaneiro 5) 12:43 CC A Laxe

Máis

Detalles do evento

A feira de artesanía OFEITOAMAN, que se ven celebrando en Vigo dende 1985, celebra a súa edición número 35 no exterior do Centro Comercial A Laxe, desde o 18 de decembro ata o 5 de xaneiro. Este ano, a feira ten a satisfacción de contar ca participación de 21 expositores, entre os que se encontra o recente Premio Nacional de Artesanía, Elena Ferro. Tamén acude por primeira vez o obradoiro de ourivería “Ivindi” de Tomiño (Pontevedra), e se incorpora despois de varios anos sin participar o obradoiro de cartón pedra “Charamusca” de Carnota (A Coruña).

Os demáis expositores son habituais participantes na feira, e presentan obras de autoría propia en ourivería, xoiería, tecidos, madeira torneada e tallada, marroquinería, zapatería, cerámica, vidro, bixutería ou metais. Todos/as os expositores/as son obradoiros rexistrados no Rexistro Xeral da Artesanía de Galicia e empregan a Marca oficial da Artesanía de Galicia, excepto o obradoiro Artesave que chega invitado de Portugal.

Ofeitoaman está organizada pola Asociación Galega de Artesáns (AGA), que ven traballando na promoción da artesanía en Galicia dende 1983.

O seu horario será de 11 a 14 e de 16:30 a 21, excepto os días 24 e 31 que pechará pola tarde ás 18:30. Os días 25 de decembro e 1 de xaneiro, permanecerá pechada.

Os 21 expositores son:

– Ardentía, Deseño en Prata: Deseño e elaboración de pezas en prata con esmalte ao fogo.(A Coruña)
– Artesave: Las de punto tricotadas a man por un grupo de mulleres da nosa terra. Chaquetas, camisolas, luvas, gorros, bufandas, medias… (Portugal)
– Bruxarte (Compartida con Flecharte): Pezas feitas e cosidas a man con diferentes técnicas, usando coiro de potro e de tenreira. Tamén se fan traballos personalizados. (Vigo)
– Charamusca Cartón Pedra: Pezas de cartón pedra realizadas integramente con cartón reciclado.(Carnota)
– Chorima: Marroquinería (O Porriño)
– Coas Mans Artesanía: Artesanía en cerámica e vidro. Pintura mural decorativa. Textiles a man. (Silleda)
– E. Ferro: Zocos tradicionais galegos e artigos de coiro. (Merza)
– Flecharte (Compartida con Bruxarte): Pezas de madeira torneadas totalmente diferentes, feitas con madeiras de podas controladas. (Vigo)
– Ivindi: Xoieria sostible feita con metais reciclados, cobre e prata e elementos naturais inspirada na maxia e natureza. (Tomiño)
– Joyas de Papel: Xoiaría de autor en papel e prata, complementos realizados en todo tipo de papel, dende os reciclados ata papeis creados e tinguidos polo propio autor. As xoias realízanse a partir dunha única peza de papel que se prega ata lograr a forma desexada, dende os clásicos lazos ata as complexas gueixas orientais. Todas as pezas están tratadas para conseguir a máxima resistencia á auga e aos golpes. (Nigrán)
– Laia – Zapateiros: Calzado fabricado de xeito artesán, seguindo o proceso de montado e empalmillado a man, de curtición vexetal, engraxado con graxas naturais. O coiro natural é permeable ao aire polo que está recomendado para as persoas con problemas alérxicos e de suoración. (Melide)
– Mario López: Xoiería de Autor. Traballa na recuperación de obxetos antigos para convertilos en pezas únicas da xoiería contemporánea. (Vigo)
– Montse Betanzos: Bixutaría del mar e comprementos en concha. (O Grove)
– Paznavas: Bixutaría artesanal. (A Coruña)
– Regal Cerámica Artesán: Cerámica. (Viveiro)
– Rosa Fraiz: Pezas únicas. Esmalte ó fogo e prata. (Vilagarcía de Arousa)
– Rosa Higuero: No noso obradoiro transformamos a prata en xoias de deseño propio con esmaltes ao fogo de variadas cores. (Cabanas)
– Sánchez-Cano Orfebres: Aneis, pendentes, colares en prata de lei e ouro con acibeche. (Vigo)
– Varo Caride: Artigos útiles e decorativos en coiro de curtido vexetal co emprego de técnicas tradicionais na súa elaboración. (Vigo)
– Verdecima Tallas de Madeira: Madeira. (Mos)
– Zimzelatum: Pezas en prata. (Gondomar)

Hora

Decembro 18 (Mércores) 11:00 - Xaneiro 5 (Domingo) 12:43

Lugar

CC A Laxe

Rúa Cánovas del Castillo, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

X