VIALIA
bannerPicnicSesions

Ciclo de Montaña e Medio Ambiente: 'Océanos'

23mar20:00Ciclo de Montaña e Medio Ambiente: 'Océanos'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde20:00(GMT+01:00) Auditorio Municipal do Concello

Detalles do eventos

A constatación, nos últimos anos, en glaciares, bosques e na montaña, en xeral, de que o ambiente está a cambiando, e que é urxente dalo a coñecer e axudar a outras institucións na sensibilización da sociedade, foi o xermolo da iniciativa do Club Peña de Trevinca de poñer en marcha o I Ciclo de montaña, medio ambiente e cambio climático, que se desenvolve entre os días 22 ao 24 de marzo, ás 20.00 horas, no Auditorio do Concello de Vigo.

O mércores 23 de marzo haberá unha sesión dedicada ao medio, na que se proxectará o documental Océanos. O misterio do plástico desaparecido da produtora francesa Java films, que expón, cunha visión moi sintética e científica, os pasos que os microplásticos recorren pola cadea trófica nos mares. Finalizada a proxección, desenvolverase un debate co catedrático de Ecoloxía da UVigo, Ricardo Beiras, que desde o ano 2003 traballa con contaminantes mariños.

O día 24, rematará o ciclo, coa proxección do documental da Universidad de Zaragoza, Tras las huellas del pasado, no que os investigadores da institución académica fan unha viaxe a lagos illados, antigos bosques e glaciares remotos, perseguindo as evidencias que permiten inferir como foron as condicións climáticas pasadas. O catedrático do Departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal  Emilio Fernández será o invitado ao coloquio no que abordará os posibles escenarios aos que nos podemos enfrontar nos vindeiros anos. Cunha liña de investigación centrada no ámbito da oceanografía biolóxica e ecoloxía mariña e en particular  no estudo da composición, distribución do fitoplancto e da súa relación coa variabilidade física das capas superiores do océano a diversas escalas, Emilio Fernández foi o coordinador entre os anos 2009 e 2018 do Campus de Excelencia Internacional,Campus do Mar, da UVigo. 

Máis

Hora

(Mércores) 20:00(GMT+01:00)

Localización

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events