CANS

30abr21:00OBSTRUKTION (S) + DERRADEIRO NIVEL + SHUT THY GUILTCONCERTOS | 10,00 €21:00(GMT+02:00) Sala Master Club

Detalles do eventos

OBSTRUKTION veñen dende Gotemburgo, Suecia facendo unha parada en Vigo antes de tocar no mítico SWR en Barroselas. Reinterpretan un son mítico do seu propio país aínda que non da súa zona, creando un salvaxe cruce entre do son motoserra marca de Entombed e un hardcore metálico noventero ao estilo de Integrity ou Merauder.

Veñen ben acompañados da resistencia straight edge galega DERRADEIRO NÍVEL co seu EP “O Alvorar de Tudo” recen publicado, o que agora sí ten suficiente tempo para ter aprendido as letras. Quen non os coñeza a estas alturas debeu vivir debaixo dunha roca, puro estilo Victory Records dos 90: Para fans de Strife, Buried Alive, Damnation A.D. etc…

Encargados de abri-la noite serán os corunheses SHUT THY GUILT, a gran precisada sangue nova que ía facendo falla sen que estiveramos os de sempre presentes. Traen unha proposta de hardcore metalizado contemporánea que pode lembrar por partes iguais a Hatebreed, Machine Head ou Chimaira.

Xoves 30 de Abril (víspera de festivo)
Masterclub 2, Vigo
10€ entrada única (só porta)
21:00 h

Hora

30 abril, 2026 21:00(GMT+02:00)

Localización

Sala Master Club

Rúa de Urzáiz, 1, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events