RevistaXuño23

11abr09:5909:59Observatorio submarino NautilusACTIVIDADES PARA O COCO | De balde09:59 - 09:59 Porto de Vigo

Observatorio submarino Nautilus

O Porto de Vigo presenta o observatorio submarino Nautilus situado na dársena de remolcadores en A Laxe. Unha pasarela submarina e acristalada de 19 metros de longo desde a que observar o fondo marino.

O observatorio forma parte dun conxunto de 300 metros cadrados de superficie que inclúe tres pantaláns e dúas ramplas de acceso a pé de rúa. Xunto a el, instaláronse 330 metros cadrados de paneis que recrean hábitats naturais e está dotado de cámaras de gravación submarina 24 horas ao día. O corredor flotante permitirá á cidadanía contemplar a flora e a fauna que rodea o litoral portuario.

O observatorio Nautilus poderá ser visitado de forma gratuíta os venres, en horario de 16.00 a 20.00 horas; e os sábados, domingos e festivos, de 10.00 a 13.00 horas, e de 16.00 a 20.00 horas.

Ademáis tamén se realizan visitas guiadas a través da Fundación Traslatio. Información aquí.

Máis

Hora

(Martes) 09:59 - 09:59

Localización

Porto de Vigo

Cánovas del Castillo 3 36202 Vigo

X