>
Detalles do eventos
As perseidas, tamén coñecidas como bágoas de San Lourenzo por ser o 10 de agosto esta festividade relixiosa, é unha prolífica chuvia de estrelas que ten o seu
Detalles do eventos
As perseidas, tamén coñecidas como bágoas de San Lourenzo por ser o 10 de agosto esta festividade relixiosa, é unha prolífica chuvia de estrelas que ten o seu punto álxido entre o 11 e o 13 de agosto. Realmente, o que vemos son os restos volatilizados do cometa Swift-Tuttle, que está na órbita arredor do sol. Malia a contaminación lumínca, é posible visualizalas afastándose un pouco do núcleo urbano.
Un ano máis o Concello de Vigo organiza en Vigo Nature o 12 de agosto unha noite para coñecer o noso firmamento. A partir das 22:30 horas, cinco guías expertos en astronomía axudarán aos asistentes á identificación de constelacións visibles, xogos didácticos en familia, o uso do planisferio e punteiro láser e actividades adaptadas aos máis pequenos.
Debido ao aforo limitado a 75 prazas, a actividade require inscrición previa chamando a Vigo Nature (986 26 77 83) a partir do luns 28 de xullo. Prezo 6,00 €, inclúe chocolate quente.
Hora
12 agosto, 2025 22:00(GMT+02:00)
Localización
Vigo Nature
Plaza de Los Leones, s/n, 36316 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
xuño



