VIALIA
bannerPicnicSesions

Obradorio: Rap con Rosalía

27dec18:30Obradorio: Rap con RosalíaPEQUERRECHOS | De balde18:30(GMT+01:00) Biblioteca Xosé Neira Vilas

Detalles do eventos

O rap é un xénero musical alternativo nado a comezos dos anos 80, caracterizado por ser rimado e estruturado dentro dun compás rítmico de 4×4 chamado “base” ou “instrumental”. Este estilo diferénciase pola súa complexidade na composición e por ter un alto contido lírico que inclúe xogos de palabras e recursos literarios propios da poesía, coma metáforas, símiles, hipérboles e outras figuras retóricas.

No taller de rap, aprendemos a escribir e interpretar versos e coñecer as figuras literarias da nosa terra, neste caso concreto, a Rosalía de Castro.

Idade: a partir de 10 anos

Martes 27 ás 18:30

Entrada de balde, previa inscrición na biblioteca, por correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org ou a través do teléfono 986 267 759.

Máis

Hora

(Martes) 18:30(GMT+01:00)

Localización

Biblioteca Xosé Neira Vilas

Avenida de Emilio Martínez Garrido, 21, 36205 Vigo, Pontevedra

Other Events