CONCERTOS CASTRELOS
DIA DE GALICIA

Este é un evento repetitivo

Obradoiros sobre cogomelos

18nov11:30Obradoiros sobre cogomelosPEQUERRECHOS | De balde11:30(GMT+01:00) Naturnova

Detalles do eventos

Naturnova, o centro de educación ambiental de Afundación ofrecerá os próximos sábados 18 e 25 de novembro dous talleres sobre cogomelos, co obxectivo de introducir ás nenas e nenos participantes ao fascinante mundo da micoloxía. A actividade enmárcase na iniciativa solidaria «Cultura por alimentos» que Afundación leva a cabo en colaboración con FESBAL (Federación Española de Bancos de Alimentos) e que pretende levar alimentos de primeira necesidade aos bancos de alimentos locais. A entradas, gratuítas a cambio destas doazóns, están xa esgotadas pero é posible apuntarse en lista de espera.

Os talleres están dirixidos a nenas e nenos de 7 a 16 anos, en horario de 11.30 a 13.00 h. A primeira das sesións será o sábado 18 cun taller interactivo no que llas persoas participantes poderán achegarse dunha forma divertida e didáctica a distintos aspectos da bioloxía, taxonomía e ecoloxía dos cogomelos e realizarán xogos de clasificación de fungos frescos para aprender a recoñecer as súas distintas características. O sábado 25 de novembro dedicarase ao cultivo de cogomelos no que os participantes poderán aprender como cultivalas en casa, os substratos onde se poden producir e levarán a súa propia paca de cultivo para poder practicar o aprendido no taller.

Máis

Hora

18 novembro, 2023 11:30(GMT+02:00)

Localización

Naturnova

Rúa Velázquez Moreno, 18, 20, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events