VIALIA
bannerPicnicSesions

OBRADOIROS INFANTÍS DE VERÁN: A cada quen a súa máscara

14xul10:0014:00OBRADOIROS INFANTÍS DE VERÁN: A cada quen a súa máscaraPEQUERRECHOS | De balde10:00 - 14:00(GMT+02:00) Museo Marco

Detalles do eventos

Durante este mes de xullo, o MARCO ofrece un programa especial de obradoiros de verán dirixidos a público infantil de entre 6 e 12 anos. A proposta está deseñada tendo moi en conta as normas e medidas sanitarias de seguridade e protección post Covid-19. As actividades, que terán lugar ao aire libre (praza peonil posterior) complétanse con percorridos específicos por espazos interiores e polas exposicións de Manuel Colmeiro e Yolanda Herranz.

Todos os martes, mércores, xoves e venres de 12.00 a 14.00.

Para participantes de 6 a 12 anos.

Inscricións: Tel. 986 113900 ext. 100 / email recepcion.marco@gmail.com / ou persoalmente en taquilla MARCO

Sesión 1: Chans e paredes. Estrutura, apariencia e formas xeométricas no espazo.

Sesión 2: Pegadas de persoas en espazos interiores/exteriores. Exposición Yolanda Herranz.

Sesión 3: Contacontos: “As luces que se acenden e se apagan”

Sesión 4: A cada quen a súa máscara

Obxectos animados

As máscaras son hoxe algo moi presente no noso día a día… para que serven?, que nos poden contar? Neste obradoiro creamos un baile de máscaras ‘tuneadas’ polos participantes, que son a un tempo expresión individual e coreografía de grupo.

Sesión 5: (15 xullo) Paisaxes que soan. Exposición Manuel Colmeiro

Sesión 6: (16 xullo) O autorretrato como reflexo. Retratos de luz. Exposición Yolanda Herranz

Sesión 7: Historias sen imaxes

Máis

Hora

(Martes) 10:00 - 14:00(GMT+02:00)