Este é un evento repetitivo15 xullo, 2022 11:00
Obradoiros infantís de verán no Museo Marco
Detalles do eventos
Para a este período estival, a área de Didáctica do MARCO retoma a súa programación especial de verán, que este ano inclúe, ademais de obradoiros infantís, un innovador programa
Detalles do eventos
Para a este período estival, a área de Didáctica do MARCO retoma a súa programación especial de verán, que este ano inclúe, ademais de obradoiros infantís, un innovador programa destinado a público familiar:
LABORATORIOS DE EXPERIMENTACIÓN E CREACIÓN EN FAMILIA
Para público familiar (nenos/as a partir de 4 anos acompañados de persoas adultas)
Conducidos por Cristina González Larriba (Arte y Garabato) e Mª Xosé Martínez
Do 12 ao 28 de xullo de 2022
MARCO: Espazo Anexo (praza peonil posterior), Galería B3 e salas de exposición
Horario: martes e xoves de 11.00 a 12.30
GRATUÍTO, PREVIA INSCRICIÓN
Reservas de praza a partir do 5 de xullo en taquilla recepcion.marco@gmail.com / Tel. 986 113900 (ext. 100)
OBRADOIROS INFANTÍS DE VERÁN
Para participantes de 3 a 12 anos
Conducidos por Mª Xosé Martínez e persoal de Didáctica do MARCO
Do 6 ao 29 de xullo de 2022
MARCO: Espazo Anexo (praza peonil posterior) e salas de exposición
Horarios:
De 3 a 6 anos: mércores e venres de 11.00 a 12.30 /
De 7 a 12 anos: mércores e venres de 12.30 a 14.00
GRATUÍTO, PREVIA INSCRICIÓN
Listas abertas para cada sesión ata completar capacidade: máximo 25 participantes por sesión
[Posibilidade de reservas específicas para grupos en función de datas e horarios dispoñibles.]
Reservas de praza a partir do 5 de xullo en taquilla recepcion.marco@gmail.com / Tel. 986 113900 (ext. 100)
SESIÓN 1 / Mércores 6 xullo
SESIÓN 2 / Venres 8 xullo
Dúas sesións de taller baseadas na obra do artista Alfredo Alcain, concretamente na súa serie Cézanne petit-point, e a peza titulada Tomad mucha fruta, ambas as dúas presentes na exposición do MARCO.
SESIÓN 3 / Mércores 13 xullo
“Equilibristas”
Utilizando formas xeométricas básicas, creamos figuras bidimensionais que despois trasladamos a un formato tridimensional, investigando sobre o concepto do equilibrio na escultura.
SESIÓN 4 / Venres 15 xullo
“Vaia mestura!”
A artista Idoia Montón inspíranos nesta sesión para un laboratorio de colaxe no que a materia pictórica é protagonista: chans, paredes, ventás que se abren a paisaxes e, ao fondo, ata un volcán!
SESIÓN 5 / Mércores 20 xullo
“Atrápame se podes”
En ocasións, as criaturas de Francisco Leiro parecen estar atrapadas por elementos que as quebran e envolven. Nesta sesión combinaremos obxectos de metal e outros materiais en forte contraste para crear as nosas propias formas escultóricas, sexan humanas ou animais.
SESIÓN 6 / Venres 22 xullo
“Mira mira, que ves?”
Baseándonos no libro do mesmo título de Àngels Navarro (Ed. Combal), internámonos nos máis divertidos xogos de percepción: liñas, cores e figuras en movemento desafíannos para descubrir… como nos engana o noso propio cerebro!
SESIÓN 7 / Mércores 27 xullo
“Micromundos”
Hoxe o noso material será a auga, que, tanto en estado líquido como sólido (xeo), serviranos para crear micromundos mergullados, e figuras mediante a técnica do baleirado.
SESIÓN 8 / Venres 29 xullo
Obradoiro de creación colectiva, aberto en función dos resultados e desenvolvemento das sesións anteriores.
Máis
Hora
8 xullo, 2022 11:00 - 14:00(GMT+02:00)
Localización
MARCO
Museo de Arte Contemporánea de Vigo, Rúa do Príncipe, 54, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualsetembro
Séguenos nas redes