xullo, 2019

Este é un evento repetitivo

04xul12:0014:00OBRADOIROS INFANTÍS DE VERÁNPEQUERRECHOS | De balde12:00 - 14:00 Museo Marco

Máis

Detalles do evento

Para público infantil e familiar

Nenos/as a partir de 3 anos sós ou acompañados de adultos

Do 2 ao 31 de xullo

Martes, mércores, xoves e venres de 12.00 a 14.00 (hora límite de entrada ás 12.15)

Laboratorio das Artes (1º andar), Espazo Anexo e salas de exposición

ENTRADA LIBRE E GRATUÍTA ata completar aforo (máximo 50 participantes por sesión)

Durante o mes de xullo, o MARCO ofrece un programa especial de obradoiros de verán dirixidos a público infantil e familiar. Nesta ocasión, a proposta toma como base a exposición DESTACADOS, sacando partido das súas posibilidades didácticas e combinando as actividades no Laboratorio das Artes con percorridos polas salas de exposición.

Se ben cada sesión é independente, o programa e contidos articúlanse en torno a catro fíos temáticos: paisaxes e lugares, figuras humanas, formas e obxectos, e narracións. Entre todos estes compoñentes iremos configurando as nosas propias historias e percepcións en torno ás obras e artistas presentes en salas.

Unha forma diferente de crear e compartir experiencias neste tempo estival.

Hora

(Xoves) 12:00 - 14:00

Lugar

Museo Marco

Rúa do Príncipe, 54, 36202 Vigo, Pontevedra

X