xaneiro, 2020

Este é un evento repetitivo

02xan12:00OBRADOIROS INFANTÍS DE NADALPEQUERRECHOS | De balde12:00 Museo Marco

Máis

Detalles do evento

Xoves 26, venres 27 e sábado 28 decembro 2019

Xoves 2, venres 3 e sábado 4 xaneiro 2020

De 12.00 a 14.00

Laboratorio das Artes (1º andar)

ENTRADA LIBRE E GRATUÍTA ata completar capacidade (máximo 40 participantes por sesión)

A partir do 26 de decembro, o MARCO ofrece un programa especial de Obradoiros de Nadal dirixidos a público infantil e familiar, que terán lugar no Laboratorio das Artes. A entrada é libre e gratuíta ata completar capacidade, e os adultos acompañantes poden quedarse para participar das actividades, ou ausentarse deixando os datos necesarios para a súa localización. Cun máximo de 40 nenos/as por sesión, aconséllase traer roupa cómoda e facilmente lavable.

Formas estreladas

Nos obradoiros de Nadal, a idea é sacar partido das grandes posibilidades didácticas das mostras de Martins e Gruber, con percorridos e experimentos por salas, en contacto directo coas obras, seguidos de actividades no Laboratorio das Artes, procurando un enfoque dinámico e participativo. Partindo da liña, do debuxo e da obra sobre papel como elemento básico, ábrense múltiples posibilidades de xogos e experimentos en torno á percepción das formas.

Xoves 26 decembro

Experimentamos coa superposición de liñas curvas e rectas, de formas orgánicas e xeométricas, utilizando como elementos básicos cartón, papel, lapis e lá.

Venres 27 decembro

Entre as figuras de animais que atopamos na mostra (cisnes, cans, cabalos, xirafas, e hasta dinosaurios) hai varias moi singulares, como os peixes, que no obradoiro transformaremos en estrelas.

Sábado 28 decembro

Creamos un mural colectivo baseado en composicións de formas acotadas sobre cartón.

Xoves 2 xaneiro

Debuxos no aire, debuxos no chán, debuxos con palillos, debuxos agochados… e outros xeitos de debuxar “ao revés”.

Venres 3 xaneiro

Colaxes e cadáveres exquisitos a partir de historias, relatos e personaxes imaxinados.

Sábado 4 xaneiro

Baseándonos en repeticións e combinacións en branco e negro, xogamos co bidimensional/tridimensional e descobrimos a presenza e protagonismo da cor en pequenos detalles.

Hora

(Xoves) 12:00

Lugar

Museo Marco

Rúa do Príncipe, 54, 36202 Vigo, Pontevedra

X