>

Este é un evento repetitivo

21xul12:0013:30Obradoiros infantísPEQUERRECHOS | De balde12:00 - 13:30(GMT+02:00) MARCO

Detalles do eventos

O MARCO organiza durante o mes de xullo unha programación especial de verán con actividades gratuítas para público infantil, familias e grupos. A proposta inclúe obradoiros creativos, laboratorios artísticos e visitas participativas inspiradas nas exposicións do museo, onde as crianzas poderán experimentar con diferentes técnicas, materiais e formas de expresión artística.

  • Os obradoiros infantís están dirixidos a nenos e nenas de 3 a 6 anos e celebraranse os martes, mércores e venres do 7 ao 31 de xullo, de 12:00 a 13:30 h.

  • Pola súa banda, os Laboratorios Artísticos terán lugar os xoves, do 9 ao 30 de xullo, de 11:30 a 13:00 h, e están pensados para participantes a partir de 7 anos, que poderán asistir sós ou acompañados por persoas adultas.

Todas as actividades son gratuítas, pero requiren inscrición previa por correo electrónico (recepcion@marcovigo.com) ou no teléfono 986 113 900.

Hora

21 xullo, 2026 12:00 - 13:30(GMT+02:00)

Localización

MARCO

Museo de Arte Contemporánea de Vigo, Rúa do Príncipe, 54, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events