CANS

18abr10:00OBRADOIRO: Procesado de Audio con STM32 e I2SACTIVIDADES PARA O COCO | De balde10:00(GMT+02:00) A industriosa

Detalles do eventos

A Industriosa acollerá unha sesión práctica para afondar no mundo do procesado de audio dixital con microcontroladores STM32.

Ao longo da charla, as persoas asistentes analizarán os fundamentos necesarios para comezar a traballar con audio en tempo real. O contido incluirá unha introdución á arquitectura dos STM32, a configuración de ADC, temporizadores, DMA e o bus I2S, así como a forma de combinar todos estes elementos para recibir, procesar e transmitir son cara a outros dispositivos como DACs, ADCs ou micrófonos dixitais.

A sesión terá un enfoque totalmente práctico. En cada bloque do contido realizarase unha demostración en vivo, programando un STM32 sobre unha placa de adestramento e revisando as opcións de depuración mediante o IDE e un ST-Link. Deste xeito, os participantes poderán comprobar os resultados de cada exercicio da mellor maneira posible: escoitando directamente como cambia o son ao aplicar distintos efectos e rutinas de procesado.

Esta actividade está pensada para persoas con algunha base previa en programación e electrónica. Aquelas que xa teñan programado algún pequeno proxecto en Arduino ou trasteado con dispositivos I2C poderán seguila sen dificultade. Así mesmo, para quen non veña do ecosistema Arduino pero teña soltura coa linguaxe C, a sesión tamén resultará accesible.

Máis información

Hora

18 abril, 2026 10:00(GMT+02:00)