>
Detalles do eventos
Laboratorio de Cordas é o punto de encontro de dous violeiros coruñeses, un espazo para a creatividade e un xeito de traballar libre e sen as ataduras que
Detalles do eventos
Laboratorio de Cordas é o punto de encontro de dous violeiros coruñeses, un espazo para a creatividade e un xeito de traballar libre e sen as ataduras que moitas veces impón a tradición da violería clásica, buscando dar renda solta ás ideas e conceptos a desenvolver na forma, nos materiais ou no propio uso dos instrumentos.
Este proxecto une a José Catoira, un luthier coruñés con obradoiro en Ribadavia que divide o seu tempo entre Galicia e Cremona para construír instrumentos inspirados no estudo da escola clásica italiana dos séculos XVII e XVIII, e a Pablo Sánchez, guitarreiro que desde o seu obradoiro da Coruña constrúe guitarras clásicas, mandolinas e outros instrumentos da familia da corda pulsada, ademais de realizar reparacións e axustes de pezas históricas.
Hora
22 maio, 2026 19:00(GMT+02:00)
Localización
Escola Municipal de Artes e Oficios
Hoxe móvese
xuño



