
Detalles do eventos
‘Verdecer: Oasis urbanos’ é unha actividade cuxo obxectivo principal é que a infancia e a adolescencia estean presentes de forma activa nos procesos de construcción do espazo común
Detalles do eventos
‘Verdecer: Oasis urbanos’ é unha actividade cuxo obxectivo principal é que a infancia e a adolescencia estean presentes de forma activa nos procesos de construcción do espazo común (praza, barrio, cidade), tomando conciencia da importancia da natureza e espazos vexetais, así coma os seus beneficios nas nosas vidas e nas nosas cidades.
Neste obradoiro aproximarémonos aos conceptos de arquitectura sostible e bioclimática a través do xogo; dotando aos máis pequenos das ferramentas necesarias para desenvolver a súa creatividade e co fin de espertar interese polo mundo que nos rodea.
Idade: a partir de 5 anos
Entrada de balde e aforo limitado. Inscrición previa de forma presencial na biblioteca, a través do correo bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos, ou ben a través do teléfono 986 267 759.
Luns 27 ás 11:00h
Máis
Hora
27 decembro, 2021 11:00(GMT+01:00)
Localización
Biblioteca Xosé Neira Vilas
Avenida de Emilio Martínez Garrido, 21, 36205 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
- Mes actual