Obradoiro infantil 'Pensando-nós'

17dec11:00Obradoiro infantil 'Pensando-nós'PEQUERRECHOS | De balde11:00(GMT+01:00) MARCO

Detalles do eventos

O MARCO organiza un fin de semana moi especial para o público máis novo, na compaña de catro das artistas participantes na exposición FUTURE STORIES.

O sábado 17 hai o obradoiro ‘Pensando-nós’, conducido por Juncal A. Castro e Antía Encisa.

Durante a visita a salas fixádesvos nas características formais das obras, nos seus compoñentes, e no que poden contar sobre as súas autoras. No grupo dos máis pequenos, organízase un xogo de movemento individual e grupal, creando unha coreografía de xestos que cada participante interprete según a súa propia expresión. No taller, tomando como base a fotografía da vosa propia cara, modificádela e intervídela en modo colaxe con diferentes materiais ata crear “unha nova cara” a partir da anterior.

No segundo grupo, a partir dunha guía de preguntas relacionadas cos nosos recordos, unha reparten anacos e retais de tea sobre os que debuxaredes ou daredes forma a esas vivencias. A continuación pasades a un formato tridimensional, no que utilizaredes moldes de caras fabricados en resina que cada participante poderá intervir ao seu gusto, tendo en conta a súa selección de materiais e preferencias persoais. Durante a actividade teredes tamén oportunidade de ver en directo o proceso de fabricación dun dos moldes, mediante resina e termoplástico.

Idade: entre 3 e 12 anos
Horario:
– De 11.00 a 12.30 = Grupo 1 (de 3 a 6 anos)
– De 12.30 a 14.00 = Grupo 2 (de 7 a 12 anos)

Inscrición previa no tel. 986 11 39 00 ext. 100 / email recepcion.marco@gmail.com / ou persoalmente en taquilla

Máis

Hora

(Sábado) 11:00(GMT+01:00)

Localización

MARCO

Museo de Arte Contemporánea de Vigo, Rúa do Príncipe, 54, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events