Detalles do eventos
Iván R. leva este obradoiro de 5 a 10 anos no que os nenos e nenas terán que reconstruír os retratos perdidos da excéntrica familia Carapizza, creando
Detalles do eventos
Iván R. leva este obradoiro de 5 a 10 anos no que os nenos e nenas terán que reconstruír os retratos perdidos da excéntrica familia Carapizza, creando caras únicas e divertidas usando “ingredientes” que atoparán nas mesas da sala. Cada retrato irá nun marco barroco na parede, devolvendo vida ao pazo deshabitado.
Esta actividade promove a acción artística e simbólica desde múltiples dimensións. As e os nenos interveñen nun espazo baleiro, devolvéndolle vida a través da creación de retratos que reconstrúen unha historia colectiva.
Hora
20 decembro, 2025 18:00(GMT+01:00)
Localización
Sede da Deputación de Pontevedra
Rúa Chao, 17, 36202 Vigo, Pontevedra



