
Detalles do eventos
Sen dúbida, a roupa máis sostible é a que xa temos no armario. Ás veces, unha prenda só precisa un pequeno remendo, un zurcido ou engadirlle un detalle
Detalles do eventos
Sen dúbida, a roupa máis sostible é a que xa temos no armario. Ás veces, unha prenda só precisa un pequeno remendo, un zurcido ou engadirlle un detalle para que cobre vida de novo.
Vivimos nun momento de consumismo textil sen precedentes na historia da humanidade, e o planeta resíntese por iso. Se nos puxésemos a investigar de onde sae o tecido e a man de obra dalgunhas das prendas que temos no armario, sorprenderíamonos. Como consumidores, formamos parte dunha cadea que comeza coa produción de roupa feita con tecidos sintéticos en países empobrecidos nos que se explota a traballadores -moitas veces nenas e nenos- para
que podamos seguir mercando roupa moi barata que, en realidade, non precisamos.
Chegou o momento de tomar conciencia, de unírmonos a una revolución pacifista. Ninguén nos obriga a mercar, así que podemos decidir deixar de consumir roupa a prezos ridículos que non nos aseguran que na súa produción se respeitaran os dereitos das persoas traballadoras, nin a calidade dos materiais. É mellor ter un pantalón de calidade, que un feixe deles feitos de xeito tan deficiente que se roupan con pouco uso ou sexan imposíbeis de reparar.
Neste contexto, que podemos facer nós? O primeiro de todo: podemos consumir un pouco menos. Pouco e máis que nada e, gran a gran, faise a praia. Isto, é consumir con responsabilidade. Tamén podemos doar e reciclar. Pero aínda queda outra opción -se cadra, aínda máis divertida-, pois podemos darlle unha volta a esas prendas que non empregamos porque non nos gustan moito, aportándolles, ademais, o noso aquel de identidade propia. Sabedes como se lle chama a isto? Customizar, unha palabra que vén do inglés customize, que significa adaptar algo aos nosos gustos. Deste xeito, axudamos a frear a terrible cadea de consumo ao tempo que despregamos a nosa imaxinación creando as nosas propias prendas únicas e especiais.
CONTIDOS:
- Concienciación sobre o impacto social, económico e
ambiental da moda fast fashion. - As catro “erres”: reducir, reciclar, reutilizar, reparar.
- A roupa como expresión da identidade persoal.
OBXECTIVOS:
- Tomar conciencia sobre o impacto social, ambiental e económico que supón a industria téxtil.
- Empregar a customización como un xeito de expresar os nosos gustos persoais, máis aló dos cánons impostos polas modas.
DIRIXIDO A: Cativada desde os 8 anos en adiante e persoas adultas (adaptarase a técnica segundo a idade das persoas participantes).
PRAZAS: 15
RECURSOS: As persoas participantes terán que aportar unha prenda de vestir para customizar (preferiblemente unha cazadora vaquera ou uns pantalóns, pero vale calquera). Todos os materiais (pinturas de tea, rotuladores, materiais de costura, teas, fíos…) serán aportados pola profesora.
DURACIÓN: 2 horas aproximadamente.
PREZO: 25€.
Máis
Hora
24 maio, 2025 11:30 - 13:30(GMT+02:00)
Localización
La Contenedora
Rúa de Eduardo Iglesias, 11, 36202 Vigo, Pontevedra