Detalles do eventos
O GALPón (Grupo de Amigos de Linux de Pontevedra), en colaboración coa A Industriosa, organiza un obradoiro de iniciación á programación e á robótica con micro:bit, unha pequena
Detalles do eventos
O GALPón (Grupo de Amigos de Linux de Pontevedra), en colaboración coa A Industriosa, organiza un obradoiro de iniciación á programación e á robótica con micro:bit, unha pequena placa programable de código aberto pensada para aprender dun xeito práctico e divertido.
Durante a sesión, as persoas participantes aprenderán a programar con MicroBlocks e darán os seus primeiros pasos na robótica empregando robots con rodas Maqueen. Non é necesario ter experiencia previa.
Data: Sábado, 11 de xullo
Horario: De 11:00 a 13:30 h
Lugar: A Industriosa (Gregorio Espino, 38, entresollado 3, Vigo)
O obradoiro está especialmente orientado á cativada, aínda que tamén poden participar mozos e persoas adultas. Os menores de 14 anos deberán acudir acompañados por unha persoa adulta, sendo obrigatorio que os menores de 9 anos permanezan acompañados durante toda a actividade.
Cada asistente deberá levar o seu propio ordenador portátil cun porto USB libre. A organización facilitará as placas micro:bit, os robots e o resto do material necesario.
A participación é gratuíta, pero é imprescindible realizar inscrición previa debido ao aforo limitado.
Hora
11 xullo, 2026 11:00 - 13:30(GMT+02:00)
Hoxe móvese
xullo


