Obradoiro de Nadal de insectos

28dec11:30Obradoiro de Nadal de insectosPEQUERRECHOS | De balde11:30(GMT+01:00) Naturnova

Detalles do eventos

Naturnova, o centro de educación ambiental de Afundación, ofrece unha nova proposta didáctica e lúdica para estas vacacións de Nadal.

Os días 27 e 28 de decembro, e 3 e 4 de xaneiro, de 11.30 h a 13.00 h, están organizados uns obradoiros centrados en afondar no coñecemento do maior grupo de seres vivos do planeta: os insectos. Así, quen participe nestas xornadas, familiarizarase coas características máis curiosas de, por exemplo, as bolboretas, os insectos pau xigantes ou fantásticos tipos de arácnido.

As inscricións pódense formalizar aquí. As nenas e nenos deberán estar acompañadas por unha persoa adulta.

Máis

Hora

(Mércores) 11:30(GMT+01:00)

Localización

Naturnova

Rúa Velázquez Moreno, 18, 20, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events