03mar09:3809:38OBRADOIRO DE MANUALIDADES09:38 - 09:38(GMT+01:00) CC Vialia
Detalles do eventos
EVENTOS VIALIA Obradoiros infantís gratuítos (Vigo Exporta, 17:30 h) Requírese inscrición previa no Punto de Información (planta baixa) o
Detalles do eventos
EVENTOS VIALIA
Obradoiros infantís gratuítos (Vigo Exporta, 17:30 h)
Requírese inscrición previa no Punto de Información (planta baixa) o propio día do obradoiro a partir das 16:30 h.
- 3 de marzo: obradoiro de pulseiras
- 10 de marzo: obradoiro de flores de papel
- 17 de marzo: obradoiro Día do Pai
- 24 de marzo: obradoiro das emocións
- 31 de marzo: obradoiro de xogos de mímica
Obradoiros para persoas maiores (Vigo Exporta, 17:30 h)
Actividades realizadas en colaboración coa Fundación Grandes Amigos.
- 9 de marzo: obradoiro de manualidades
- 23 de marzo: obradoiro de movemento e ximnasia
Actuacións musicais (Vigo Exporta, 19:30 h)
- 6 de marzo: St James Dixie Band
- 27 de marzo: Mambas Negras
Actuacións infantís (Vigo Exporta, 17:30 h)
- 7 de marzo: Mago Cali
- 21 de marzo: Crescendo
HÉROES DE KORRIBAN (Vigo Exporta)
Venres 13 e sábado 14 de marzo
Por segundo ano consecutivo regresa o espectáculo Héroes de Korriban, un evento solidario e benéfico realizado este ano xunto coa asociación Down Vigo. Trátase dun show de superheroes no que toda a familia poderá gozar dunha tarde de maxia, diversión e momentos inesquecibles.
Venres 13/03/2026
- 12:00 – 21:00 h: Exposición de cómics
Sábado 14/03/2026
- 12:00 – 12:30 h: Desfile da Arca e apertura da exposición
- 18:00 – 18:30 h: Paseo de superheroes polo centro comercial
- 18:30 – 21:30 h: Show de superheroes e photocall
IV Desfile Inclusivo (Vigo Exporta, 17:00 h)
O venres 20 de marzo ás 17:00 h celebrarase o IV Desfile Inclusivo con motivo do Día Mundial da Síndrome de Down. Trátase dunha iniciativa solidaria organizada por Down Vigo, Decathlon e Discamino, coa colaboración da Fundación Decathlon. A cita terá lugar no escenario Vigo Exporta (planta baixa) do centro comercial Vialia, en Vigo.
Este evento, que celebra a súa cuarta edición, ten como obxectivo sensibilizar sobre a inclusión da diversidade a través dos valores do deporte: cooperación, esforzo e traballo en equipo. Persoas con Síndrome de Down e outras diversidades compartirán pasarela con traballadores e traballadoras de Decathlon, demostrando que calquera actividade física pode ser unha ferramenta de desenvolvemento individual e colectivo.
O desfile será presentado por Carlos Veleiro, acompañado por unha integrante da asociación Down Vigo, reforzando así o carácter participativo e representativo do acto.
Esta cuarta edición pon en valor o papel do deporte como motor de integración social, xerador de oportunidades e espazo de encontro onde todas as persoas, independentemente das súas capacidades, poden participar, superarse e gozar.
Hora
3 marzo, 2026 09:38 - 09:38(GMT+01:00)
Localización
CC Vialia
Praza Estación, 1, 36201 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
marzo

