8MDEPUTACION
bannerVialia

10mar19:00Venres da EMAO: Silverio RivasACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00 Biblioteca EMAO

Venres da EMAO: Silverio Rivas

Silverio Rivas non necesita presentación, xa que forma parte da historia viva da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo. Sendo moi novo, formouse entre as súas paredes con mestres históricos como Camilo Nogueira. Pioneiro da Abstracción escultórica en Galicia, despuntou nos anos 70 e formou parte do grupo Atlántica nos anos 80. Silverio é un grande da escultura galega actual. 

Encargarase da presentación Rosa García, mestra de Talla e escultura en madeira da EMAO

O venres 10 ás 19h na Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo.

Entrada libre ata completar aforo.

Máis

X