VIALIA
bannerPicnicSesions

Obradoiro de decoración de galletas

05xan11:00Obradoiro de decoración de galletasPEQUERRECHOS | De balde11:00(GMT+01:00) Centro de Visitantes do Parque Nacional Illas Atlántilas

Detalles do eventos

Co título ‘Nadal voador: voa coas aves mariñas do Parque’, o Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas invita á cidadanía a participar nunha serie de actividades cuxo nexo común son as aves, especificamente as aves mariñas.

Deste xeito dende o 23 de decembro ata o 7 de xaneiro, hai programadas distintas actividades que se realizarán no centro de visitantes do parque nacional (rúa Palma, 4 no casco vello de Vigo). As actividades son todas de balde.

Obradoiro de decoración de galletas
Trátase dun taller de decoración creativa de galletas con formas de seres vivos mariños. Os participantes poderán levarse a galleta que decoren. Haberá dúas sesións de 12 participantes cada unha.

Xoves 5 ás 11:00 e ás 12:30

PROGRAMACIÓN

  • Venres 23: Obradoiro ‘Aves de cartón’
  • Martes 27: Cine familiar ‘Ploey: Nunca volarás solo’
  • Venres 30: Contacontos ‘Oh Oh! temos un problema
  • Martes 3: Cine familiar ‘Los pingüinos de Madagascar’
  • Mércores 4: Contacontos ‘Martiño, o corvo mariño’
  • Xoves 5: Obradoiro de decoración de galletas

Máis

Hora

(Xoves) 11:00(GMT+01:00)

Localización

Centro de Visitantes do Parque Nacional Illas Atlántilas

Rúa Oliva, 3, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events