REVISTA SETEMBRO

Obradoiro de claqué

11nov10:3014:00Obradoiro de claquéACTIVIDADES DEPORTIVAS | 20,00€10:30 - 14:00(GMT+01:00) Simia Espacio

Detalles do eventos

tap (ou claqué, como é máis coñecido en España por influcencia do francés) é un baile que todo o mundo coñece ou viu bailar e que non deixa indiferente a ninguén, pero tamén é unha forma de tocar un instrumento de percusión.

No tap dance diferénciase entre Broadway Tap e Rhythm Tap. A primeira moito máis famosa polos musicais que nos chegaron, nos que se traballa especialmente a coreografía e o espectáculo. A segunda é a que nos remonta ás orixes do tap, relacionada co jazz e a cultura afroamericana, céntrase no ritmo, na improvisación e no diálogo entre os bailaríns ou bailaríns con músicos.

Neste obrdoiro traballaranse rudimentos e técnica que nos den recursos no noso baile, coreografía e haberá tamén espazo para a improvisación.

Non é necesario ter zapatos de claqué para asistir ao curso, aínda que se xa bailas e tes uns, lévaos. Pero se non é o caso, podes traer calquera calzado que che sexa cómodo (se fai algo de ruído ao golpear o chan, mellor que mellor)

Nivel iniciación de 12.30h a 14.00h
Nivel intermedio de 10.30h a 12.00h

Inscricións

Máis

Hora

11 novembro, 2023 10:30 - 14:00(GMT+02:00)

Localización

Simia Espacio

Rúa de Alfonso XIII, 9 Vigo, Pontevedra

Other Events