XERAIS

07mar16:0019:00Obradoiro de Cianotipiaactividades para o coco | 50,00 €16:00 - 19:00(GMT+01:00) Supralab

Detalles do eventos

🎞️ Obradoiro de Cianotipia en @supra_lab

A cianotipia é unha técnica antiga, lenta e profundamente máxica.

Neste obradoiro imos explorar a cianotipia desde o caseiro, traballando con luz artificial e procesos accesibles, sen necesidade de sol.

Aprenderemos a revelar imaxes de forma sinxela, empregando botánica, obxectos, transparencias e negativos, entendendo a técnica desde o xogo e a experimentación.

Durante a sesión falaremos do proceso, das súas posibilidades e de como repetilo despois na casa, nun espazo íntimo para probar, equivocarse e crear sen présa.

📅 Sábado 7 de marzo
🕓 Horario: 16:00 – 19:00

• Imparte @felicettagualtieri
📍 Supralab
💶 Custo: 50 € (materiais incluídos)

📩 Reservas por DM
📱 WhatsApp: 664 225 334

👥 Só 4 prazas

Grupo pequeno para traballar con calma e atención.
Se che interesa a fotografía experimental, os procesos artesanais ou crear imaxes únicas desde o manual, este obradoiro é para ti. ✨📷

Hora

7 marzo, 2026 16:00 - 19:00(GMT+01:00)

Localización

Supralab

R. de Rosalía de Castro, 19, Santiago de Vigo, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events