Detalles do eventos
A libraría Libros para soñar (Triunfo, 1) de Vigo dedicará a sesión de contos do venres, a partir das 18:00 horas, á obra da autora norteamericana Antoinette
Detalles do eventos
A libraría Libros para soñar (Triunfo, 1) de Vigo dedicará a sesión de contos do venres, a partir das 18:00 horas, á obra da autora norteamericana Antoinette Portis. Tralo éxito internacional de «Non é unha caixa», publicada por KALANDRAKA e distinguida nos Estados Unidos co Premio Theodor Seuss Geisel, ademais doutros recoñecementos.
Arredor deste título artellarase un obradoiro creativo no que as nenas e os nenos que
participen poderán construír todo tipo de edificacións con caixas de cartón. O encontro, para público infantil a partir de 3 anos, comezará coa narración desta historia protagonizada por un coelliño que aspira a construír el só unha cidade. Porén, axiña descubrirá que traballar en equipo é moito mellor que facelo sen axuda. Trátase, pois, dun relato que pon en valor a cooperación, a imaxinación, a creatividade e o xogo libre.
Para finalizar a actividade, as nenas e os nenos poderán pintar e decorar as estruturas
creadas entre todas e todos.
Hora
24 outubro, 2025 18:00(GMT+02:00)
Localización
Libros para soñar
Rúa Triunfo, 1, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
novembro



