Detalles do eventos
A Industriosa organiza esta charla onde analizaranse cuestións clave para mellorar a seguridade dixital no día a día do fogar. O contido abordará a xestión segura de contrasinais
Detalles do eventos
A Industriosa organiza esta charla onde analizaranse cuestións clave para mellorar a seguridade dixital no día a día do fogar. O contido abordará a xestión segura de contrasinais e os distintos métodos de autenticación, tales como o factor de dobre autenticación (2FA), os códigos TOTP e as passkeys. Así mesmo, trataranse as boas prácticas para reforzar a seguridade do router, a segmentación da rede mediante VLANs e o emprego de DNS privado.
O relatorio tamén se centrará en como identificar os diversos tipos de phishing e outras ameazas habituais como o ransomware ou as botnets de dispositivos IoT. No ámbito da privacidade, examinaranse problemas como o fingerprinting e o rastrexo entre sitios web, aportando estratexias para reducir a pegada dixital dos usuarios.
Para finalizar, presentarase un playbook básico de resposta ante incidentes. Este documento servirá de guía sobre como actuar cando algo falla, permitindo aos asistentes tomar decisións con máis criterio para reducir riscos e evitar que a situación se agrave.
Hora
25 abril, 2026 11:30(GMT+02:00)


