VIALIA
bannerPicnicSesions

Obradoiro Casas de Cartón

18mai18:00Obradoiro Casas de CartónACTIVIDADES PARA O COCO | De balde18:00(GMT+02:00) Museo Marco

Detalles do eventos

CASAS DE CARTÓN
Taller de material reciclado impartido por Ignacio Pérez-Jofre e promovido por Emaús e Provivienda.

Proxecto de creación colectiva no que, a través dunha serie de talleres nos que participan persoas interesadas, colectivos, asociacións e grupos de escolares, construiremos casas a partir de pezas de cartón, coas que posteriormente montaremos unha grande instalación na rúa. Con CASAS DE CARTÓN pretendemos incentivar unha reflexión sobre as implicacións metafóricas derivadas da unión dun material (o cartón) e un motivo (a casa), e a capacidade de xerar un pensamento visual crítico sobre urbanismo, arquitetura, desigualdade e exclusión residencial.

Datas: xoves e venres do 18 de maio ao 8 de xuño de 18 a 20h (cada persoa pode asistir os días que queira)
Lugar: Galería B3, 1° andar
Para público en xeral: calquera persoa, colectivo ou asociación, individualmente ou en grupo.
Gratuíto. Previa inscrición en participa@emaus.com

Máis