UNDERFEST

03dec19:0019:30O Yalah Festival anima a participar na fila 0 e anuncia dúas novas citas solidariasESPECTÁCULOS | De balde19:00 - 19:30(GMT+01:00) A Morada

Detalles do eventos

O Yalah Festival, evento poético e musical solidario a favor de Palestina que terá lugar en decembro, esgotou xa todas as súas entradas, mais continúa dispoñible unha fila 0 para quen desexe colaborar economicamente co proxecto.

O festival, que mestura poesía, música e compromiso social, xorde co obxectivo de dar voz á solidariedade internacionalista e apoiar causas humanitarias a través da cultura. O festival reunirá a algúns dos artistas máis relevantes da escena galega e estatal como Rebeliom do Inframundo e Dakidarría, as dúas bandas que encabezan o cartel.

A organización vén de anunciar tamén dúas novas actividades complementarias:

A primeira será o 3 de decembro, a partir das 19:00 horas, na Morada, cunha xornada poética na que participará unha ducia de poetas galegas e galegos. A segunda cita será o 10 de decembro, no Monk, con unha xornada informativa na que intervirán BDS Galicia, Intifada Cultural e Pallasos en Rebeldía, para afondar na realidade palestina e nas accións solidarias en marcha.

Hora

3 decembro, 2025 19:00 - 19:30(GMT+01:00)

Localización

A Morada

R. Enrique Xabier Macías, 6, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events