decembro, 2019

28dec12:00'O xove apalpador' con Brais MourePEQUERRECHOS | De balde12:00 Biblioteca Juan Compañel

Máis

Detalles do evento

Aquí está, xa chegou, o xove Apalpador. Fillo, neto, bisneto de apalpadoras e apalpadores viaxa dende o cerne da Serra do Caurel para contarlle as nenas e nenos historias e contos sobre a comida ecolóxica, sobre alimentarse sans, e sobre a necesidade coidar a natureza, de respectar os bosques, ríos e regatos para coidar a nosa saúde. Dun xeito divertido e ameno, con música, poemas e cantigas, o xove apalpador presenta a vida na aldea dun xeito moderno e divertido. Acompañado da súa vaca “Courelá” (de produción ecolóxica) leva as nenas e nenos de viaxe para coñecer eses grandes tesouros da nosa terra que son os espazos naturais descubrindo como podemos achegarnos ao seu coñecemento a través de guías de campo, libros, e, como non, viaxando.

Idade: de 4 anos en adiante.

Hora

(Sádado) 12:00

Lugar

Biblioteca Juan Compañel

Rúa Joaquín Yáñez, 6, 36202 Vigo, Pontevedra

X