REVISTA ABRIL

O xardín de vila gris

03out18:00O xardín de vila grisPEQUERRECHOS | 5,00€18:00(GMT+02:00) Auditorio Municipal do Concello

Detalles do eventos

Martín vive nun dos últimos recunchos verdes da cidade, coñece apaixonantes historias da natureza, e quere preservar, para os seus e para os que veñan no futuro, o seu fermoso espazo cheo de vida. Pero non todo é tan sinxelo nin tan doado: En Vilagris, unha cidade ateigada de edificios, onde a xente corre sen parar e sen pensar, unha seria ameaza voa sobre el: Don Nefasto Funesto, un cobizoso construtor de monstruosos edificios, quen adora o diñeiro máis ca nada no mundo, pretende apropiarse dese recanto, arrancar todas as arbores, e construír nel unha torre de cemento tan alta que non deixe ver a luz do sol. Martín de ningunha maneira está disposto a perder o seu pequeno paraíso. E don Nefasto de ningunha maneira está disposto a perder todo ese diñeiro. Martín non cede pero don Nefasto tampouco. No entanto, mentres as historias acontecen, o derradeiro lugar verde de Vilagris corre un grave perigo.

MANUEL POMBAL (de Fulano Mengano e Citano)

Idade: +3 anos

As entradas soltas poderán adquirirse anticipadamente sen gastos de xestión
• A través da páxina web de Giglon
• Na Librería Librouro
• O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio

Domingo 3 ás 12:30 e 18:00

Máis

Hora

(Domingo) 18:00(GMT+02:00)

Localización

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events