FAITE AMOVIDALOVER

21feb11:00O Vigo dos Valcarce: da Panificadora aos tranvíasactividades para o coco | 21,00 €11:00(GMT+01:00) Praza do Rei

Detalles do eventos

Un percorrido por dous dos grandes símbolos da historia industrial de Vigo: a Panificadora e os tranvías. A través da traxectoria da familia Valcarce, a ruta achega como estes proxectos marcaron o crecemento da cidade e a súa transformación ao longo do século XX.

Roteiro documentado con planos e fotografías que permite coñecer este complexo industrial, a súa evolución, a súa situación actual e os seus posibles usos futuros. Un paseo cultural de aproximadamente dúas horas para persoas interesadas na historia, na arquitectura e na memoria industrial de Vigo.

A ruta remata en MUTA cun viño e un petisco con produtos de Calabizo e Lamardelatas.

Entradas

Prezo: 21,00 €

Hora

21 febreiro, 2026 11:00(GMT+01:00)

Localización

Praza do Rei

Praza do Rei 36202 Vigo Pontevedra

Other Events