decembro, 2019

09dec19:00"O valor do fracaso", de Ignacio Martín MaruriACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00 IESIDE

Máis

Detalles do evento

IESIDE presenta a masterclass «O valor do fracaso» no Campus IESIDE de Vigo no marco do seu MBA Executive, que dará comezo no mes de febreiro. A clase maxistral terá lugar o mércores 11 de decembro a partir das 19.00 h e será impartida polo profesor e consultor Ignacio Martín Maruri.

Nesta masterclass de introdución do MBA Executive abordarase a importancia que o fracaso debería ter como mecanismo de aprendizaxe e de superación. A nosa cultura penaliza o fracaso en todo ámbito e convén preguntarse si isto debería ser así ou se, pola contra, convén enfocalo desde a súa importancia para o desenvolvemento do negocio e a empresa, de como conseguir que efectivamente xere valor e do que implica para o rol do liderado organizacional.

Ignacio Martín Maruri é profesor de Liderado e de Transformación da Universidad Adolfo Ibáñez (Chile) e profesor invitado de IESIDE. Ademais, é consultor socio de CLA Consulting. Formouse como enxeñeiro superior de Telecomunicacións na Technische Hochschule Darmstadt (Alemaña). Realizou un Executive MBA no Instituto de Empresa (España); é especialista en Xestión de ONG pola UNED (España) e Mestrado en Administración Pública MPA da Harvard Kennedy School (USA), onde foi galardoado co Don K. Price Award. Tamén está certificado como Exponential Organizations Consultant e Exponential Organizations Coach por Open ExO. Ademais, é Coach Ontolóxico certificado por The Newfield Network (Chile). Ocupou cargos de alta dirección en empresas de telecomunicacións, asesorando gobernos latinoamericanos e estivo vinculado a importantes fundacións internacionais do ámbito do desenvolvemento sostible.

 

Executive MBA de IESIDE

Desde 1990 o Executive MBA de IESIDE ofrece a posibilidade de consolidar e desenvolver coñecementos, habilidades e capacidades de dirección, transformando profesionais e xestores de empresa en directivos e líderes de equipos e persoas. Consolidado como un dos programas de referencia no noroeste español, o Executive MBA conta co aval dos máis de 750 estudantes que o cursaron e que ocupan postos de máxima responsabilidade nas empresas da nosa contorna. Aquí está dispoñible a información sobre este mestrado.

 

Toda a información da actividade de Afundación, na nosa SALA DE PRENSA.

Hora

(Luns) 19:00

Lugar

IESIDE

Av. de Madrid, 60, 36204 Vigo, Pontevedra

X