
Detalles do eventos
A galega Paula Carballeira e o camerunés Boniface Ofogo participarán este mércores 20 de outubro, a partir das 18:00 horas na libraría LIBROS PARA SOÑAR (Triunfo, 1) de
O valor da palabra e da transmisión oral
A galega Paula Carballeira e o camerunés Boniface Ofogo participarán este mércores 20 de outubro, a partir das 18:00 horas na libraría LIBROS PARA SOÑAR (Triunfo, 1) de Vigo, no encontro literario Afinidades electivas que promove a Dirección Xeral do Libro e Fomento da Lectura do Ministerio de Cultura. Co lema “O valor da palabra e a transmisión oral”, compartirán a súa ampla experiencia como autores e narradores. Dirixido a público adulto e con aforo limitado, cómpre inscrición previa no enderezo de correo electrónico lps@kalandraka.com.
Máis

(Mércores) 18:00
Libros para soñar
Rúa Triunfo, 1, 36202 Vigo, Pontevedra