REVISTA NADAL

Trail Montes de Vigo

22out08:00Trail Montes de VigoACTIVIDADES DEPORTIVAS | Desde 15,00 €08:00(GMT+02:00) Fragoselo (Coruxo)

Detalles do eventos

As parroquias viguesas de Coruxo, Saiáns e Oia, ademais da de Chandebrito, en Nigrán, serán o escenario do Trail Montes de Vigo, que volverá celebrarse o 22 de outubro despois de catro anos de parón pola pandemia.

A carreira contará cun trail longo (24 km) e outro curto (15 km.), con desniveis de 1.500 m e 950 m , respectivamente. A saída e meta estará localizada ante o local da Comunidade de Montes de Coruxo, na Subida de San Sebastián, en Fragoselo.

A Mancomunidade contará desta volta con Aroa Sío como madriña da proba. Sío e Arancha Pérez de Lis fundaron a asociación Asaltamontes Female, para captar a tódalas mulleres que fan carreiras de montaña, e que en Vigo xa son 200, un 20% das adscritas de toda España. Sío, que coñece a zona porque adestra nela, espera que nesta edición do trail “haxa máis mulleres que homes” polo interese amosado polas súas asociadas.

Inscrición: A inscrición está aberta en magmasports.es.

Prezos bonificados por inscrición ata 30 de setembro: 
Trail curto: 15,00 €; Trail longo: 20,00 € .

Prezos dende o 1-18 outubro: 
Trail curto: 20,00 €; Trail longo: 25,00 €

Haberá descontos para equipos/grupos a partires de 10 membros. Estas inscricións fanse no mail info@teamrelay.es

Máis

Hora

22 outubro, 2023 08:00(GMT+01:00)

Localización

Fragoselo (Coruxo)

Carr. Fragoselo, 171 36330 Vigo, Pontevedra

Other Events