VIALIA
bannerPicnicSesions

Tradicional Certame de Rondallas do IFEVI

15xan17:00Tradicional Certame de Rondallas do IFEVIAS NOSAS FESTAS | 2,00€17:00(GMT+01:00) IFEVI

Detalles do eventos

As rondallas volverán encher de música e cor o IFEVI o próximo 15 de xaneiro no tradicional certame, que por quinto ano promociona a Xunta de Galicia. Volven ao IFEVI, despois de que o ano pasado se celebrara na Estación Marítima por mor da pandemia do COVID-19.

Estas agrupacións típicas do Nadal no sur da provincia de Pontevedra, volverán despregar todo o seu bo facer despois de meses de ensaios. Como cada ano, os rondalleiros innovarán en repertorio e posta en escena para sorprender ao público. Falta saber se nesta edición se retomará a competición, suspendida o ano pasado porque a pandemia fixo que as rondallas non puidesen desenvolver os ensaios con normalidade. Na última edición celebrada antes da pandemia, en xaneiro de 2020, otorgáronse cinco premios as mellores rondallas que recaeron, por orden de puntuación, nas seguintes agrupacións: Pontellas, Santa Eulalia de Mos, Nosa Merced de Chain, Torroso e Herville. Tamén cinco foron os premios para as agrupacións de abandeirados que foron para Atios, Chain, Pontellas, Valadares e Beade.

Neste V Certamen de Rondallas da Área de Vigo participarán un total de 14 agrupacións, catro delas da cidade de Vigo (Valadares, Beade, Helios de Bembrive e Freixo), catro de Mos (Guizán, Herville, Torroso e Santa Eulalia de Mos), dúas do Porriño (Pontellas e Atios), dúas de Gondomar (Vincios e Nosa Merced de Chaín), unha de Nigrán (Parada) e unha de Tui (Pexegueiro).

As entradas teñen o prezo de simbólico de 2,00€ e se poden conseguir nos locais das propias agrupacións.

Máis

Hora

(Domingo) 17:00(GMT+01:00)

Localización

IFEVI

Av. do Aeroporto, 772, 36318 Vigo, Pontevedra

Other Events