Detalles do eventos
O Monte do Gozo, en Santiago de Compostela, volverá converterse entre o 18 e o 20 de xuño nun dos grandes puntos musicais do verán
Detalles do eventos
O Monte do Gozo, en Santiago de Compostela, volverá converterse entre o 18 e o 20 de xuño nun dos grandes puntos musicais do verán coa nova edición de O Son do Camiño, que reúne artistas internacionais, bandas estatais e propostas galegas repartidas entre os escenarios Xacobeo, Estrella Galicia e Son Electro Repsol. A organización xa fixo públicos os horarios oficiais dunha edición que volve chegar con abonos esgotados e un cartel encabezado por Katy Perry, Linkin Park, DJ Snake, Dani Martín, Lola Índigo ou Afrojack.
O xoves 18 de xuño estará marcado polo pop e polos sons máis alternativos con Katy Perry como gran cabeza de cartel (23.30–01.00), acompañada por Dani Martín (21.40–23.10), Carlos Ares, Leire Martínez, Barry B, The Molotovs ou Michenlo, mentres que a electrónica tomará protagonismo coa presenza de DJ Gigola, MCR-T ou Héctor Oaks.
O venres 19 de xuño chegará unha das xornadas máis esperadas coa actuación de Linkin Park (23.00–01.00), que comparte día con Biffy Clyro, Hoobastank, Sexy Zebras, Niña Polaca ou The Bloody Beetroots DJ Set. O escenario electrónico tamén reunirá nomes como Carlita, Honeyluv ou Jimi Jules.
O peche será o sábado 20 de xuño, cun cartel encabezado por DJ Snake (02.25–03.45), Lola Índigo, Afrojack, Guitarricadelafuente, Sen Senra, Dorian, Ortiga, Sarria ou Carlangas. Na programación electrónica destacan tamén Patrick Mason B2B HAAi, Perel, Li | Lu e Bego Martin.
Hora
18 xuño, 2026 16:55 - 20 xuño, 2026 23:59(GMT+02:00)
Localización
Monte do Gozo
Rúa de San Marcos, 13 Santiago de Compostela
Hoxe móvese
xullo


