07mar20:00III FOLIADA 'O SON DA REBULLÓN'ESPECTÁCULOS | Desde 10,00 € 20:00(GMT+01:00) Sala Rebullón
Detalles do eventos
Un ano máis, e xa van tres consecutivos, a Sala Rebullón colabora coa organización de @osondopazo nunha nova xornada de música en directo e foliada aberta!
Detalles do eventos
Un ano máis, e xa van tres consecutivos, a Sala Rebullón colabora coa organización de @osondopazo nunha nova xornada de música en directo e foliada aberta! ![]()
Nesta edición contaremos con:
Os carecos (@oscarecos): Este grupo de música tradicional iniciou a súa viaxe sonora en 2014 e na súa música sobresaen as polifonías e o traballo vocal, xunto cun dominio total da percusión de man.
“FOULA” é o seu primeiro disco, do que xa desfrutamos adiantos como “Palmira”, “Xota” e “muiñeira das Cortellas” ![]()
Leni Pérez & Sekadra (@leniperezzz & @se_kadra):
Este proxecto de musical tradicional galega conta cunha roupaxe moderna no que ten cabida tanto as influencias do jazz contemporáneo europeo como doutras culturas. Exploran a fusión da man de Leni Pérez na voz e pandeireta, xunto ao dúo de jazz Sekadra, formado por Paulo Silva (@paulosilvadrumsandpercussion) baterista, e Arturo Rúa (@arturoruatoucedo). O seu primeiro sinxelo “Avivado”, viu a luz hai un mes nas plataformas, como adianto do disco, “Xa non ten ferrilas”, recén editado. ![]()
Ao finalizar os concertos non remata a festa, xa que dará comezo a foliada aberta para todo o mundo, para gozar e celebrar a cultura que herdamos e alimentamos
Hora
7 marzo, 2026 20:00(GMT+01:00)
Localización
Sala Rebullón
Avda. do Rebullón 23, 36416 Tameiga, Galicia, Spain

