"O segredo de Al'eume" de Pilar Ortega

25mar20:00"O segredo de Al'eume" de Pilar OrtegaACTIVIDADES PARA O COCO | De balde20:00(GMT+01:00) Librouro

Detalles do eventos

O venres 25 de marzo, ás 20:00 horas nas instalacións de Librouro (Eduardo Iglesias, 12) vaise celebrar a presentación pública do libro xuvenil “O segredo de Al’eume”, de Pilar Ortega Pereiro, obra merecente do IV Premio María Victoria Moreno de Literatura Infantil e Xuvenil e que nos relata as aventursa de Xiana na procura do tesouro de Al’eume co que pretende poder facer fronte aos gastos médicos que precisa a súa irmá tras un accidente de bicicleta…
    O acto a maiores da autora contará coa introdución da profesora e filóloga Concepción Varela Portela e o editor David Cortizo. A entrada ao mesmo é libre e gratuita ata completar aforo. Logo da presentación haberá coloquio e sinaturas.

Máis

Hora

(Venres) 20:00(GMT+01:00)

Localización

Librouro

Rúa de Eduardo Iglesias, 12, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events