
Detalles do eventos
O Run Run Vigo, circuito de carreiras populares do Concello de Vigo, celebra en xuño dúas carreiras nocturnas que precederán ao parón durante o verán.
Detalles do eventos
O Run Run Vigo, circuito de carreiras populares do Concello de Vigo, celebra en xuño dúas carreiras nocturnas que precederán ao parón durante o verán. O 14 de xuño ás 22:00 h convócase a IX Nocturna Correndo por Vigo, e o 23 de xuño ás 21:00 h a XLI Carreira Nocturna de San Xoán.
A IX Nocturna Correndo Por Vigo é organizada pola asociación de comerciantes de As Travesas e o Mercado das Travesas; coa colaboración do Concello de Vigo e o Máis que Auga. O percorrido ten unha lonxitude de 10 km e conta con dúas voltas: a saída é ás 22:00 h desde Avenida da Florida á altura do Mercado das Travesas e vai dirección praza de América, Avenida Castelao, segue pola Rúa Porriño e tras facer unha volta pola zona chégase de novo a Avenida Florida, onde se reinicia o traxecto. O evento vai dirixido a todos os públicos, contando cunha opción para a os nenos e as nenas, que conta con distintas distancias e diferente hora de saída segundo a idade.
Os prezos van por tramos segundo a data de inscrición: 8,00 € os días 12 e 13 de maio; 10,00 € do 14 ao 31 de maio; 12,00 € ata o 10 de xuño.
A XLI Carreira Nocturna de San Xoán a organiza a Agrupación Viguesa de Atletismo, coa colaboración da Concellería de Deportes do Concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra. Dispútase nun circuito, chairo e con costas descendentes, de 7,7km de lonxitude: Sáese ás 21:00 h da Praza do Rei e percórrese Camelias, Romil, Pi i Margall, López Mora e demais rúas dos arredores, chegando a Beiramar para finalizar diante dos soportais da praza do Berbés. Alí, todos os participantes recibirán sardiñas asadas para gozar da mítica fogueira de San Xoán festexada cada ano na praza viguesa.
A cota de inscrición é de 12,00 €, só para maiores de 14 anos
Porén, que o circuito de carreiras interrompa a súa actividade durante os meses de verán é un simple paréntese á agarda de retomar os eventos co cambio de estación.
O calendario completo do Run Run Vigo é o seguinte:
- Subida ao Castro – 26 de xaneiro (FINALIZADA)
- Calvario 5+5 – 16 de febreiro (FINALIZADA)
- 10k de Teis – 9 de marzo (FINALIZADA)
- Vig-Bay – 6 de abril (FINALIZADA)
- Praia de Samil- 27 de abril (FINALIZADA)
- Carreira da Cereixa- 25 de maio (FINALIZADA)
- Correndo por Vigo – 14 de xuño
- San Xoán – 23 de xuño
- Vigo Contra el Cáncer- Por confirmar
- La 21- 16 de novembro
- Vigo +11- Por confirmar
- Érguete e corre – 30 de novembro
Reglamentos e información a maiores pode consultarse na páxina web do Run Run Vigo.
Máis
Hora
14 xuño, 2025 22:00(GMT+02:00)
Localización
Mercado das Travesas
Rúa Espedrigada, 7, 36210 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualxuño
- Mes actual