'O retorno dos homes mariños', de Xurxo Souto
Detalles do eventos
Edicións Xerais recupera vinte anos despois o que foi o primeiro libro de Xurxo Souto: ‘O retorno dos homes mariños’. Xurxo Souto converteuse, por
Detalles do eventos
Edicións Xerais recupera vinte anos despois o que foi o primeiro libro de Xurxo Souto: ‘O retorno dos homes mariños’.
Xurxo Souto converteuse, por dereito propio, no narrador que mellor sabe ler o mar galego. En ‘O retorno dos homes mariños’ rescata un mito coruñés esquecido: “Ás veces téñense visto nesta praia algúns peixes da mesma figura que homes e en todo se lles parecen, fóra que teñen mans e pés un pouco tortos por razón de andar sempre nadando como as ras. A estes peixes, por semellárense tanto aos homes, chámanlles homes mariños.” Tal escribiu Jerónimo del Hoyo, cóengo da Catedral de Santiago, tras visitar A Coruña no século XVII. A señora Laura, a sabia do mar, sabe todo o que se pode saber dos homes mariños. E Mercedes, que tamén é a protagonista da novela ‘A gran travesía de Chiruca Macallás’, traballa nun taller téxtil. É heavy e soña con marchar polo mundo co seu conxunto musical. Cada noite, no taller, máis forte que o boureo das máquinas, sente unha voz que a chama: a canción do mar do Orzán.
Entrada solidaria de 1kg de comida non perecedeira. Se alguén quere achegar comida sen participar no acto, agradécese.
Aforo reducido. Reserva a túa cadeira en info@cascovellovigo.gal / +34 986 439 799. Ata o luns 12 preferencia a persoas asociadas.
No local da AVC Casco Vello, en Cánovas del Castillo 2, 5ºandar.
Máis
Hora
17 abril, 2021 12:00(GMT+02:00)
Localización
Asociación do Casco Vello
Rúa Cánovas del Castillo, 2, 36202 Vigo, Pontevedra
Séguenos nas redes