XERAIS

24mar11:3013:00O RETO DE SER MULLER, AQUÍACTIVIDADES PARA O COCO | De balde 11:30 - 13:00(GMT+01:00) MARCO

Detalles do eventos

Dende o ano 2023, a área de Didáctica do MARCO e a EPAPU Nelson Mandela (A Lama) manteñen diversas liñas de colaboración dentro do programa “MARCO inclusivo”, que se materializan en proxectos como o encontro Apps for Good ou as sesións da Biblioteca Humana. Nestes espazos, persoas internas no Centro Penitenciario da Lama comparten, nun ambiente de diálogo, fragmentos das súas historias vitais desde perspectivas diferentes á norma.

No 2026, preténdese avanzar con novas propostas e continuar identificando necesidades e iniciativas específicas. Así, o martes 24 de marzo, dentro do contexto do 8M e do mes da reivindicación da Igualdade, celebrarase un encontro/coloquio aberto ao público. As protagonistas serán mulleres alumnas da EPAPU Nelson Mandela, reclusas no centro penitenciario, xunto a outras participantes da EPA Berbés (Vigo).

O coloquio estará conducido pola xornalista Carolina Sertal e ten como obxectivo permitir que as participantes compartan as súas experiencias e traxectorias cun público máis amplo, abordando temas como o día a día en prisión, vivencias, prexuízos, condición de muller inmigrante, dificultades de integración, plans de estudos, traballo, afectos, familia e maternidade.

A sesión é aberta ao público, especialmente a estudantes, docentes, profesionais de traballo social e persoas interesadas. A asistencia debe confirmarse no correo comunicacion@marcovigo.com, indicando nome, apelidos, teléfono de contacto e número de asistentes no caso de grupos.

Hora

24 marzo, 2026 11:30 - 13:00(GMT+01:00)

Localización

MARCO

Museo de Arte Contemporánea de Vigo, Rúa do Príncipe, 54, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events