>

Este é un evento repetitivo

16dec20:00O RARO É QUE BAILAR SEXA RAROESPECTÁCULOS | Desde 10,00€20:00(GMT+01:00) Sala Ártika

Detalles do eventos

Hora

  • sábado 16 de decembro ás 20:00h
  • domingo 17 de decembro ás 20:00h

Prezo

  • Venta online: Entrada Anticipada: 10 € + gastos de xestión (dispoñible ata 24 horas antes da primeira función)
  • En taquilla: Entrada Xeral: 14 €

Idades recomendada: + 14 anos

Duración: 50 min

SINOPSE:

Esta creación entende a danza como algo contaxioso e convida a bailar nun espazo no que tódolos corpos son posibles.

Bailar é perigoso, ameaza o sistema, complica a situación. A danza incomoda, afecta, descoloca e complexiza os modos de estar hexemónicos. A danza, contaxiosa e invasiva, desestabiliza as lóxicas da palabra, ameaza a linguaxe normativa. Bailar pode ser unha epidemia. Esta bailarina non ten trucos de maxia preparados. O seu material coreográfico é basto e ás veces incomprensible, fracasa nos xiros coa perna esquerda. Esta bailarina nunca quixo ser Giselle.Con todxs nós: un corpo en rebelián, atravesado, sublevado, a bailarina non normativa, a bailarina faquir, a taumaturga, a subalterna. Formas de estar que complican. Estratexias da invisibilidade activa ou identidades disidentes. Vida atravesada. Ficción bastarda. Capacidade para imaxinar. Divagación dificultosa con aparencia de profundidade. Esta é unha peza autobiográfica sen biografía, unha trampa ao ollo, unha coreografía maraña, un engano narrativo: coreo-biografiía-pirata. Isto vai de bailar bailando.

Entradas

Hora

16 decembro, 2023 20:00(GMT+01:00)

Localización

Sala Ártika

Av. da Beiramar, 113, 36208 Vigo, Pontevedra

Other Events