
O RAPTO DA BEFANA
23set11:30O RAPTO DA BEFANAPEQUERRECHOS | De balde11:30(GMT+02:00) Auditorio da OMD Teis
Detalles do eventos
Durante só unha noite, a Bruxa Befana reparte comida e agasallos polas casas. Colombina, farta de traballar e de ser pobre, ten unha idea: raptar
Detalles do eventos
Durante só unha noite, a Bruxa Befana reparte comida e agasallos polas casas. Colombina, farta de traballar e de ser pobre, ten unha idea: raptar a Befana, así nunca lle faltará nada, pero Arlequín e Polichinela escoitan o seu plan. E hai un capitán e un vello Pantalone que tamén entran no enredo. Conseguirán atrapar a escorregadiza Befana? Quen chegará primeira a súa góndola viaxeira? Nesta historia presentámosvos personaxes que veñen de Italia, unha divertida aventura a cargo da compañía Olivas Negras con moita música en directo, xogo, maxia, alegría e comedia.
O texto é de Paula Carballeira e a dirección de Nuria Sanz. A escenografía e iluminación están deseñadas por Beatriz de Vega.
Elenco: Rosa Puga, Leonor Sangabriel, Sonsoles Cordón, Germán Gundín, Sergio Alfonso e Diego Roca
Pases:
Venres 18:30
Sábado 11:30 e 18:30
Máis
Hora
23 setembro, 2023 11:30(GMT+01:00)
Localización
Auditorio da OMD Teis
Rúa Maceiras, S/N, 36207 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
- Mes actual
Séguenos nas redes