CAMELIAS NADAL

21nov20:00O que vale unha vidaESPECTÁCULOS | De balde20:00(GMT+01:00) Teatro Permanente

Detalles do eventos

Este venres 21 de novembro,Teatro Permanente presenta un recital poético con textos propios e alleos da man de Esmeralda Quiroga e Alberte Alonso. A proposta nace dunha frase dunha peza de Jean-Paul Sartre, “A Porta Pechada”. Unha das personaxes, Inès, di nun momento dado: “Ti non es nada máis que a túa vida”. Ofrecemos unha serie de imaxes que percorren esta idea, tentando formular respostas, ou extensións poéticas da mesma.

Trátase dun recital a dúas voces, onde se propoñen dúas lecturas de cada un dos poemas, o que permite unha escoita distinta das voces poéticas e dos propios versos.

O que vale unha vida

Venres 21 de novembro ás 20:00

Teatro Permanente

Rúa Abeleira Menéndez, 7

Entrada libre ata completar o aforo. As persoas socias poden reservar a súa praza anticipadamente.

Hora

21 novembro, 2025 20:00(GMT+01:00)

Localización

Teatro Permanente

Rúa Abeleira Menéndez 7, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events