'O que levamos nas maletas' de Magín Blanco
Detalles do eventos
Magín Blanco, o coñecido cantante de música infantil que xa participou con éxito con espectácilos coma “A Menina e o grilo”, “A nena e o grilo nun barquiño”
Detalles do eventos
Magín Blanco, o coñecido cantante de música infantil que xa participou con éxito con espectácilos coma “A Menina e o grilo”, “A nena e o grilo nun barquiño” ou “A nena e o grilo máis aló”, volve cun percorrido musical e lúdico para nenos e nenas a partir dos 3 anos centrado nas súas últimas cancións.
Ao longo do concerto, das maletas do músico irán xurdindo obxectos (monicreques, bonecos, ferramentas, instrumentos de percusión…) que introducirán cada peza e convidarán a nenos e nenas a participar.
Desde as cancións “O meu país” ou “Aquí estamos”, onde se presenta a realidade como parte dun conto, ata “O hipnotizador” ou “Os esqueletos”, máis oníricas e circenses, vanse sucedendo escenas que convidan a percibir o mundo como un universo máxico cheo de sensacións amables coas que gozar da música en familia.
– Cando: 22 novembro 2020
– Hora: 12 h
– Onde: 2º edificio do Museo do Mar de Galicia (Avda. Atlántida, 160, 36208. Vigo
– Dirixido a: Familias con nenos/as a partir de 3 anos
AFORO LIMITADO. CON RESERVA PREVIA
ENTRADAS:
– A entrada é de balde con reserva previa
– Máximo 4 participantes por reserva (non máis de 2 adultos por reserva)
– OLLO! Necesitan a confirmación do museo para poder entrar, sen confirmación do museo non hai entrada. O museo enviará esta confirmación uns días antes do espectáculo
RESERVAS.
Enviando un mail a info.museodomar@xunta.es, no que deberán indicar:
– Nome e apelidos da persoa que fai a reserva:
– N.º de teléfono:
– N.º adultos/as participantes:
– N.º de nenos/as participantes:
Máis
Hora
22 novembro, 2020 12:00(GMT+02:00)
Localización
Museo do Mar
Av. da Atlántida, 160, 36208 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Séguenos nas redes