VEGANA

O que hai, obxecto, materia e o cotián nos tempos a precariedade

25out(out 25)18:0003mar(mar 3)21:00O que hai, obxecto, materia e o cotián nos tempos a precariedadeARTE E MUSEOS | De balde18:00 - (marzo 3) 21:00(GMT+02:00) Fundación Laxeiro

Detalles do eventos

Ata o 3 de marzo

Comisariada por Alberto Santos, a exposición arranca da idea do cambio acaecido no contexto da arte despois da crise económica de 2008, tanto a nivel institucional en museístico, como na actitude das novas xeracións de artistas.  A exposición mostra obras de catro artistas como son Alberto Ardid, Julio Catalán, Mar Ramón e Estéfana Román, catro formas de creación con discursos diferentes que atopan o nexo de unión na actitude de cara aos materiais e na adopción de determinadas estratexias de creación e exhibición.

A exposición, cuxa clausura estaba prevista para o 11 de febreiro, poderá visitarse ata o 3 de marzo, tanto de forma espontánea, como mediante a reserva de visitas guiadas no correo fundacion@laxeiro.org

Esta é  a primeira achega do acordo de colaboración asinado entre a Fundación Laxeiro e a Universidade de Vigo que posibilitará a programación dunha exposición temporal con comisariado e participación de artistas vinculados á Facultade de Belas Artes de Pontevedra.

De luns a venres de 18:00 a 21:00; sábados de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00; e domingos de 12:00 a 14:00

Máis

Hora

25 outubro, 2023 18:00 - 3 marzo, 2024 21:00(GMT+02:00)

Localización

Fundación Laxeiro

Rúa Policarpo Sanz, 15, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events