>
Detalles do eventos
A plataforma cidadá “Salvemos a Barroca” organiza unha nova acción para concienciar sobre a carballeira ameazada polo proxecto do recinto multiusos Vigo Arena: Charla informativa o vindeiro martes
Detalles do eventos
A plataforma cidadá “Salvemos a Barroca” organiza unha nova acción para concienciar sobre a carballeira ameazada polo proxecto do recinto multiusos Vigo Arena: Charla informativa o vindeiro martes 23 de setembro a partir das 20 h no Centro Social A Nubeira, (rúa Pizarro, 6), co tema: “O PXOM e a participación cidadá?”
O Plan Xeral de Urbanismo de Vigo foi aprobado definitivamente o pasado 5 de agosto, e os terreos nos que hoxe se ergue a carballeira da Barroca foron recalificados sen posibilidade de alegacións co fin de construír O Vigo Arena. Unha infraestructura que non é preciso construir en Navia e para a que diversos colectivos da cidade plantexaron varias alternativas máis razonables. Para comprender o alcance desta pésima noticia acompáñanos nesta conferencia Xosé Manuel Souto, catedrático emérito da Universidade de Valencia e membro do Instituto de Estudios Vigueses. É un gran coñecedor do territorio e dos plans xerais de urbanismo desta cidade, e da emerxencia ecolóxica á que se vai a someter a todo o ecosistema litoral desde Navia ata Samil pasando por todo o sistema de humedais de Fonte, Pertegueiras e A Barroca.
Hora
23 setembro, 2025 20:00(GMT+02:00)
Localización
Centro Social A Nubeira
R. de Pizarro, 6, Santiago de Vigo, 36204 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
xuño


