REVISTA NADAL

10mai11:00Life Insular: 'Observación de fauna: coñece as bolboretas do Parque Nacional e os seus hábitats'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde11:00(GMT+02:00) Porto de Vigo

Detalles do eventos

A Xunta de Galicia ofrece durante este mes de maio preto dunha ducia de actividades de divulgación ambiental no marco do proxecto transnacional LIFE INSULAR, que é un proxecto co que se busca mellorar a conservación dos ecosistemas insulares atlánticos reforzando a súa resiliencia fronte ao cambio climático e diferentes tipos de presión humana.

Deste xeito, o obxectivo destas xornadas é fomentar unha maior sensibilización dos visitantes sobre a conservación do patrimonio natural a través do coñecemento dos seus valores ambientais, paisaxísticos, #etc e da promoción de prácticas responsables. En concreto, sete desas accións desenvolveranse no Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

A illa de Cortegada acollerá cinco actividades. A primeira delas desenvolveuse a pasada fin de semana e consiste na plantación de especies arbóreas autóctonas na contorna da capela e nun roteiro interpretativo sobre a flora existente na illa para dar a coñecer os recentes labores de conservación dos ecosistemas de Cortegada. Esta illa, ademais de acoller unha actividade de observación de bolboretas o día 11, será o escenario de dous talleres: o 17 de maio levará a cabo un sobre rastros e pegadas para coñecer a fauna que habita en Cortegada e o 24 de maio farase outro sobre a construción de instrumentos musicais con elementos da natureza. A maiores, durante estas tres xornadas tamén se realizará unha acción de recollida de residuos pola zona de costa da illa.

En canto ás illas Cíes, o día 10 de maio farase un roteiro centrado na observación de bolboretas que dará continuidade ao estudo de investigación que está a desenvolver desde fai dez anos o Parque Nacional sobre os lepidópteros.

Un día despois, o 11 de maio está previsto levar a cabo unha xornada de divulgación sobre a flora na contorna do cabo Udra, no concello de Bueu. Ademais, o día 18 farase un roteiro interpretativo na illa de Ons para coñecer a súa riqueza ecosistémica a través da observación de aves mariñas e terrestres.

Ademais, o próximo 21 de maio organizarase unha xornada de divulgación nun espazo da Rede Natura de Galicia sobre algúns dos animais presentes -aves, mamíferos, réptiles, #etc-, que incluirá información sobre os seus hábitats, o seu comportamento e a súa importancia neste espazo natural protexido.

Por outra banda, dentro da Zona de Especial Conservación Complexo Húmido de Corrubedo, que inclúe a illa de Sálvora, realizaranse dúas xornadas de divulgación ambiental, que se centrarán na observación da flora -o 18 de maio- e das aves -o día 25- existentes nas praias da contorna de Corrubedo.

CALENDARIO DE ACTIVIDADES:

Sábado 10 de maio: ‘Observación de fauna: coñece as bolboretas do Parque Nacional e os seus hábitats’
Lugar: Illas Cíes (saída desde o Porto de VIgo)
Horario: 11:00 a 17:30 h
Prezo: Gratuíto (inclúe barco)

Domingo 11 de maio: ‘Ruta de observación de flora en Cabo Udra’
Lugar: Cabo Udra (punto de contro aparcamento praia Aconradouro)
Horario: 10:00 a 13:00 h
Prezo: Gratuíto

Domingo 11 de maio: ‘Observación de bolboretas na Illa de Cortegada’
Lugar: Illa de Cortegada (saída desde o Porto de Carril)
Horario: 12:00 a 14:30 h
Prezo: Gratuíto (inclúe barco)

Sábado 17 de maio: ‘Observación de fauna na Illa de Cortegada: obradoiro de rastros e pegadas’
Lugar: Illa de Cortegada (saída desde o Porto de Carril)
Horario: 11:00 a 14:00 h
Prezo: Gratuíto (inclúe barco)

Domingo 18 de maio: ‘Ruta interpretativa para a observación de aves mariñas e terrestres nas illas de Ons’
Lugar: Illa de Ons (saída desde o Porto de Bueu)
Horario: 10:30 a 17:30 h
Prezo: Gratuíto (inclúe barco)

Domingo 25 de maio: ‘Ruta interpretativa para a observación de aves no complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixan’
Lugar: Corrubedo (punto de encontro Centro de recepeción de visitantes Casa da Costa)
Horario: 10:00 a 13:00 h
Prezo: Gratuíto

INSCRICIÓN: as prazas son limitadas, para participar nestas actividades é necesaria inscrición previa no correo electrónico info@corticata.com

Hora

10 maio, 2025 11:00(GMT+02:00)

Localización

Porto de Vigo

Cánovas del Castillo 3 36202 Vigo

Other Events